Espectáculo de Teatro e Malabares con música en directo.
Tódolos públicos
Para público en xeral
23/10/2021
Xa rematou
20:00 h
50 min
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
9,00 € (carnet xove, +65 anos, personas desempregadas: 7,00 €)
Abono 3 (3 entradas para a mesma función): 21,00 euros
Onde residen os obxectos? Os obxectos, cando están quietos, apoiados no chan, sobre as súas bases, poden ser útiles, belos, oportunos, chamativos ou discretos ... pero, non están vivos.
O lugar no que os obxectos destellan e se inflama coa vida, onde realmente arden de vida, é no ar. É por esto que volvémonos tolos cos globos, coas pompas de xabrón, os drons, os as cometas e as estrelas. Drop é un espectáculo de malabares, pero tamén, e sobre todo, Drop é un espectáculo de malabaristas. Personas que desenvolven unha cualidad especial para manter obxectos flotando no ar. Un xogo de nenos convertido nun xeito de vida.Pero fora diso e ó igual que o resto das persoas, os nenos medran e conviven co seu entorno, cos seus retos, os seus problemas, os seus atributos e carencias, e tratan de manter todo no ar para sobrevivir nun lugar no que todo remata caendo. Por iso Drop xoga, constantemente e máis que nunca, coa metáfora que compara ós malabares coa vida. E lémbranos que, dalgún xeito, todas e todos somos grandes malabaristas.Catro malabaristas e un pianista convídannos a vivir no mundo dos soños, no que ollamos patróns, coreografías de obxectos, debuxos no ar que non son outra cousa que os problemas e as tarefas do día a día de calquera de nos. E, durante unha hora, se non se cae o mundo, farannos sair do chan e voltar a caer para lembrarnos que, isto da vida, non é máis que un xogo.
Espectáculo de: Pistacatro Productora de SoñosIdea Orixinal de: Pablo Reboleiro
Dirección: Pablo Reboleiro
Axudante Dramaturxia e traballo de escena: Diego Anido
Elenco: Aitor Garuz, Santiago Montero, Guillermo Porta, Pablo Reboleiro, Nacho Muñoz
Composición Musical: Nacho Muñoz
Producción: José Expósito, Belém Brandido
Deseño Cartaz: Juan Gallego
VENDA DE LOCALIDADES
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible