Concello da Coruña

Concello da Coruña

Docs do mes: "La promesa"

O brutal asasinato de Nancy e Dereck Haysom impactou o mundo en 1985.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/10/2017

Xa rematou

Horario:

20.00 h

* Pídese puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permite o acceso á sala.

Duración:

117 min

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 2,50 euros e 2,00 euros (para maiores de 65, persoas desempregadas e carné xove)

** Para prezos reducidos, sen o documento que acredite o desconto, non se permitirá o acceso á sala.

Televenda:

Ticketea

Os Haysom eran xente adiñeirada da alta sociedade de Virxinia e o grande interese mediático fixo que fose o primeiro xuízo criminal retransmitido en directo por televisión. A condena da súa filla Elizabeth a 90 anos de prisión como cómplice de asasinato e a sentenza a cadea perpetua polo dobre asasinato de Jens Soering, o noivo alemán de Elizabeth, trastornou a sociedade.

Unha investigación recente con novas técnicas forenses desacredita as probas clave que inculpaban a Soering. Despois de máis de 30 anos en prisión, os novos indicios apuntan cara á súa inocencia. Unha tráxica historia de amor adolescente convertida nun trepidante crebacabezas xudicial: o misterioso caso de Jens Soering e Elizabeth Haysom.

VO en inglés e alemán con subtítulos en castelán

Ficha técnica

Dirección: Marcus Vetter & Karin Steinberger

  • Edición: Marcus Vetter, Michele Gentile, Patrick Wilfert
  • Produción: Marcus Vetter, Louise Rosen, Ulf Meyer
  • Son: Aljoscha Haupt
  • Música: Jens Huerkamp

    Compañía produtora: Filmperspektiv

  • Sobre a dirección (Karin Steinberger & Marcus Vetter)

    La promesa é a terceira obra conxunta de Marcus Vetter e Karin Steinberger, despois do Visionario, estreado no DocsBarcelona do Mes en 2015, e Hunger (2009). De formación e oficio xornalista, Steinberger é editora da prestixiosa revista alemá Sueddeutsche Zeitung (SZ). Ela foi quen volveu sacar á luz o caso de Jens Soering en 2006 cando aínda non tiña visibilidade en Alemaña e que lle propuxo a produción do documental a Marcus Vetter. Vetter traballou como editor de televisión, produtor e director desde 1994. Gañou distintos premios internacionais e as súas películas exhibíronse en festivais de todo o mundo. Dirixiu, entre outros, The Tunnel (1999), My Father the Turk (2006), Heart of Jenin (2008), premiado en Valladolid, ou The Court (2012).

  • Premios e festivais

  • Sección oficial, DocsBarcelona - España, 2017

  • Official Selection, DocAviv - Israel, 2017

  • Official Selection, Riverrun - Estados Unidos, 2017

  • Award for Human Rights and Democracy, Filmfestival Türkei Deutschland - Alemaña, 2017

  • Sección Oficial, DocsBarcelona Valparaíso - Chile, 2016

  • Official Selection, IDFA - Países Baixos, 2016

  • Official Selection, Doc NYC - Estados Unidos, 2016

  • Official Selection, Denver Film Fest - Estados Unidos, 2016

  • Official Selection, Virginia Film Fest - Estados Unidos, 2016

  • Official Selection, DocsDF - México, 2016

  • Official Selection, Reykjavik International Film Fest - Islandia, 2016

  • Official Selection, DMZ Docs - Corea do Sur, 2016

  • Official Selection, Filmfest München - Alemaña, 2016

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Centro Ágora: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) - web

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión