Concello da Coruña

Concello da Coruña

O doc do mes: Rising from the Tsunami, Hélène Robert e Jeremy Perrin

Unha historia sobre pantasmas e espíritos que mostra como as ondas do tsunami que en 2011 trastornou Xapón seguen vivas no imaxinario colectivo dos pobos que sufriron a traxedia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

11/04/2023

Xa rematou

Horario:

20.00 h

* Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala.

Duración:

68 min

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

2,50 €

(Carné Xove, +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)

*É imprescindible presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada no despacho de billetes e de acceder á sala na que terá lugar a proxección.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Contacto:

IMCE

Observamos con incredulidade a construción dun espigón inmenso ao longo de 400 km que bloqueará por completo a apertura ao mar dos pobos da costa de Tohoku.

Dirección: Hélène Robert e Jeremy Perrin, Francia 2019

68 min

VO subtitulado ao castelán

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: www.ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes de Ágora: unicamente os días de función dende 1 hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)
Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión