Érase unha vez, un carpinteiro chamado Gepetto que decidiu construír un boneco de madeira, ao que chamou Pinocho. Con el, conseguiu non sentirse tan só
Para público en xeral
13/12/2015
Xa rematou
Así comeza o inmortal conto de Pinocho, a marioneta de madeira protagonista do libro As aventuras de Pinocho, escrito por Carlo Collodi e publicado en 1883 co título Storia di un Burattino (Historia dun Monicreque).
En O Pequeno Pinocho, nova produción de Ópera Divertimento, a estética da súa posta en escena presenta un conto vivo con actores, cantantes e músicos en directo. A produción incorpora unha partitura e un deseño de audiovisuais xerados ex profeso.
Ópera Divertimento segue apostando pola dramaturxia do conto clásico combinado coa composición orquestral para achegarlle o mundo da lírica aos máis pequenos.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible