O #LAIC achégase ás experiencias culturais inmersivas da man de José Luís de Vicente, investigador cultural, desenvolvedor de proxectos e comisario de Sonar+D, que levará a cabo dúas actividades, consistentes nunha charla panorámica e unha sesión práctica.
Para público en xeral
30/01/2020
Xa rematou
10:00- 20:30 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Nesta charla panorámica falarase da expansión destas experiencias culturais inmersivas e a proxección e desenvolvemento que ofrecen cara ao futuro. Na sesión práctica do día seguinte, José Luis de Vicente abordará as claves do deseño e comisariado dun proxecto expositivo inmersivo.
Se te queres inscribir nesta actividade, ou nas dúas, podes facelo a través deste formulario. As prazas son limitadas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible