Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
1º espectáculo do ciclo BEBESCENA. "Gatuxo" é un espectáculo onde se fusionan as artes, a música, as cantigas, o teatro, os contos, o clown, a manipulación de obxectos ou o claqué, todo interpretado en directo por tres músicos a dúas voces e unha actriz.
Gatuxo é unha metáfora do crecemento da infancia e do descubrimento do mundo dende unha perspectiva artística: Gatuxo é arquitecto dunha caixa, é músico na cociña, é pintor de garabatos, é bailarín de claqué, é cantante, é titiriteiro cos obxectos cos que salta e, por suposto, é o narrador da súa propia historia. Gatuxo é a semente da arte mesma.
Compañía: Magín Blanco (Galicia)
Intérpretes:
Magín Blanco: voz, guitarra
Jorge Juncal: piano, acordeón, ukelele...
Maria Faltri: voz, percusión
Raquel Queizás: dirección e interpretación
VENDA DE ENTRADAS:
Despacho da Pza. de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h (pago en efectivo)
Despacho do Ágora: o mesmo día dende 1 h antes (pago en efectivo)
Despacho do Centro Sociocultural A Fundación: de luns a sábado e días festivos de 9.00 a 21.00 h (pago en efectivo ou con tarxeta)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible