Cántigas da Terra homenaxe ao artesán gaiteiro Xosé López Bao.
26/01/2013
Xa rematou
Ás 19.00 e 20.30 h.
Entrada libre ata completar aforamento.
A cita será a partir das 19 h na aula 9, onde estará instalada unha mini exposición con obras e instrumentos do propio luthier, que establecerá un coloquio no que os gaiteiros e achegados poidan compartir experiencias e saberes co artesán.
A continuación, terá lugar o acto central no auditorio onde actuarán os seguintes grupos de gaitas: Os Viqueiras, Os Gaiteiros da A.VV. Leira de Ordes, Os Gaiteiriños e membros do Antigo Corpo de Gaitas da Deputación. Os Rilos dedicaranlle unha composición propia e Cántigas da Terra cantará unhas foliadas. Ademais, o mestre Bao recibirá un cariñoso agasallo de Cántigas da Terra e haberá unha mención especial aos artesáns Xoán Brea e Xosé Torres, íntimos colaboradores do homenaxeado.
Xosé López Bao naceu na parroquia ordense de Ardemil no ano 1927 e xa de neno espertou a súa afección pola música. Tallou as primeiras gaitas á man ata que conseguiu un pequeno torno manual. Despois veu á Coruña traballar na Fábrica de Armas, o que lle permitiu acceder aos mellores medios e lograr unha técnica moi depurada. Aquí construíu gaitas para os principais grupos da Coruña: Os Cinco de Galicia, Os Labregos, Brisas da Cruña, o Ballet Galego, Cántigas da Terra... e tamén para a diáspora galega. Hai uns meses o mestre Bao, residente no lugar de Xuxán (Eirís d'Abaixo), tivo que volver ao seu Ardemil natal e así se foi o único artesán de gaitas que quedaba no municipio da Coruña.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible