"Lúas de outono" chega á súa oitava edición e realízase na nosa cidade arredor da data do falecemento de Manuel María.
Para público en xeral
20/09/2016
Xa rematou
20.30 horas
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
Entrada libre ata completar a capacidade
O escritor "chairego" escolleu A Coruña para vivir en canto se xubilou e tamén foi aquí onde morreu.
Polo tanto, desde a Fundación que leva o seu nome, promóvese esta homenaxe cada ano como forma de achegar ao público a súa obra mediante un espectáculo diferente cada ano.
Nesta ocasión a protagonista será a música mediante un fermoso contraste entre o rock bravú de "Os diplomáticos de Monte Alto" e a música do Grupo de Cámara de Santiago, interpretando en ambos os casos pezas sobre poemas do grande escritor, ao que este ano se lle dedicou as Letras Galegas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible