Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Periplo Atlántico, unha homenaxe a Castelao", de Polo correo do vento

Espectáculo para a primeira infancia e as persoas maiores

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

18/04/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 14/04/2023 ata o 18/04/2023

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta, preferiblemente avós ou avoas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

Horario:

Dous pases: 17.00 e 18.30 horas 

Duración:

50 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

40 crianzas por sesión

Prezo:

De balde e con inscrición previa

Contaconto ilustrado e musicado e obradoiro de debuxo. Panchito é o único pingüín que vive na Coruña, aínda que é feliz e ten moitas amizades decide marchar á Antártida.

Realizarase unha versión (moi libre) do Panchito de Castelao, buscando en todo momento a conexión coas crianzas e as persoas maiores que as acompañen, se puidese ser recoméndase que asistan as avoas ou os avós. Máis tarde faremos un obradoiro de debuxo, no que seguindo as indicacións do ilustrador... nenas, nenos e maiores debuxarán unha caricatura do protagonista da historia. 

Aventuras, viaxes, perigos, literatura, risas e moito amor. 

A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases: 

Haberá que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions

Pídese puntualidade.

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión