Obradoiro para achegar a ciencia á rapazada dentro do centro de interese CienciaPro.
Para nenos e nenas de 9 a 14 anos
Infantil
28/01/2026
Dende o 21/01/2026 ata o 28/01/2026
Require inscrición
Das 18.30 ás 20.00 h
1,5 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O mércores 28 de xaneiro ás 18.30 h na Biblioteca Fórum Metropolitano temos o Obradoiro "Gabinete de curiosidades", para nenos e nenas de 9 a 14 anos.
Que son os gabinetes de curiosidades ou gabinetes das marabillas? Que tipo de obxectos podíanse atopar neles? Que incluirías ti se puideras facer o teu propio gabinete? Neste obradoiro de SomosPro mergullarémonos na historia europea dos séculos XVI a XVIII para aprendelo todo sobre estes elementos tan peculiares que idearon os nobres e que agochaban milleiros de sorpresas e misterios neles. Atréveste a descubrilos?
Agardámosvos na Biblioteca Fórum para unha nova aventura de SomosPro!
Actividade con inscrición previa.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible