Espectáculo para a primeira infancia
Familias, Infancia
31/05/2022
Xa rematou
Dende o 27/05/2022 ata o 31/05/2022
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
18.30 horas
50 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
18 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
María Faltri e Jorge Juncal danlle vida a este espectáculo cunha selección das cancións do libro-disco 'Fantasía coas palabras' que mellor acolle as necesidades dos primeiros anos de vida das e dos nosos protagonistas, as/os bebés.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá que se inscribir previamente en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions
A cada pase só poderán asistir 18 familias (crianza + persoa adulta). Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
REQUISITOS POLA SITUACIÓN SANITARIA:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible