Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taller Aprende a comer xogando

Este taller ten como obxectivo inculcarlles aos pais e ás nais a importancia dos beneficios dunha alimentación saudable, dieta equilibrada e control das emocións para poder mellorar a calidade de vida dos seus fillos e fillas.

A quen vai dirixido?:

Pais e nais, co/a bebé de 1-2 anos ou de 2-3 anos.

Cando:

Os días 18/10/2014 ás 11:00 , 13/10/2014 ás 17:30 , 06/10/2014 ás 17:30 , 11/10/2014 ás 11:00

Xa rematou

Horario:

Luns 6 (bebés de 1-2 anos) e luns 13 de outubro (bebés 2-3 anos) de 17.30 a19.00 h.

Sábado 11 (bebés de 1-2 anos) e sábado18 de outubro (bebés 2-3 anos) de 11.00 a 12.30 h.

Duración:

Hora e media

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Inscrición gratuíta (1 sesión).

Requisitos:

Inscrición previa, máximo 15 familias (1 ou 2 adultos e o bebé) na conserxería do Ágora, dende unha semana antes de cada sesión.

Unha dieta saudable axúdanos a sentirnos ben, pois no intestino existen moitas terminais nerviosas que envían información ao cerebro e, polo tanto, previr alteracións intestinais así como levar unha dieta de boa calidade, axúdanos a manter baixo control as emocións.

A sesión dura hora e media, a primeira parte impartiraa unha enfermeira que coa colaboración dunha educadora e a través de distintas dinámicas e xogos promoverase a participación dos pais/nais cos seus fillos/as, para inculcar a importancia da alimentación saudable.

Na segunda parte de duración de 30 minutos realizarase unha parte totalmente práctica na que os pais en compañía dos seus fillos/as elaborarán un prato saudable en familia.

A dinamización do taller, xogos, actividades educativas será impartida por Belén Fernández Fernández, educadora especializada en neurocoaching, TIC, mediación, dinamización...

OBXECTIVOS:

  • Transmitir o valor da alimentación saudable aos fillos/as dende idades temperás.
  • Favorecer a actividade física e o xogo.
  • Elaborar un prato saudable en familia.
  • Facer partícipe ao fillo/a na comida familiar.
  • Importancia da contorna familiar.
  • Elaborar pratos atractivos e suculentos.
  • Alerxias e intolerancias IMP.
  • Coñecer a conduta para seguir ante un neno/a san que non come.
  • Favorecer a actividade física e o xogo.
  • Comprender a importancia do reforzo positivo.
  • Fomentar a comunicación e boa relación cos profesionais sanitarios do teu centro de saúde, escolas infantís.

TEMÁTICA:

  1. Pratos atractivos e ás alerxias intolerancias IMP.
  2. Contorna familiar e a comida.
  3. Actividade física e o xogo.
  4. Reforzo positivo.
  5. Alimentación saudable.
  6. Comunicación e boa relación cos profesionais sanitarios do centro de saúde.
Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión