Ágora é un centro construído ao amparo do programa Urbana-C, construído cofinanciadamente polo Concello da Coruña e a Unión Europea, a través do FEDER.
De igual xeito, é un equipamento municipal integrado no que toda a cidadanía poderá atopar unha variada programación dirixida a todo tipo de públicos. Nas súas amplas instalacións calquera cidadán poderá dende acudir á biblioteca, ver unha exposición, reunirse cos amigos e amigas, participar nun taller ou asistir a unha obra de teatro ou danza. Desa maneira satisfaranse de forma interxeracional as necesidades formativas, lúdicas, sociais e culturais de variados sectores de públicos. Pero entre os obxectivos do Centro Ágora non só está dar resposta ás necesidades actuais senón tamén avanzar solucións ás futuras, de forma tal que moitos dos seus programas serán pioneiros e terán un marcado carácter innovador.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible