Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Teatro/auditorio

No lado Sur do edificio sitúase un amplo Teatro / Auditorio cun aforamento para 530 persoas (máis a fila 1 para cadeiras de rodas) distribuído en patio de butacas e anfiteatro. A platea ten unha superficie de 302 m2, o anfiteatro 144 m2 e o escenario 286 m2. As proporcións da sala están dimensionadas segundo criterios visuais, acústicos e polo seu carácter polivalente xa que se destina a obras de artes escénicas en vivo, teatro, ópera, música ou ballet, danza contemporánea ou novo circo e, ademais, conferencias de gran formato ou congresos. Trátase dun espazo moi funcional, cun excelente equipamento escénico, con modernas instalacións e, á vez, dunha gran beleza volumétrica e espacial.

O acceso público prodúcese desde a entrada principal por medio dunha rampla que descende suavemente ata a platea. O acceso ao anfiteatro prodúcese pola mesma rampla. Ademais dos accesos internos, o teatro ten tamén acceso directamente ao exterior que serve tamén de saída de emerxencia.

Por último, cabe destacar que o noso Auditorio está equipado cun bucle magnético. O bucle magnético consiste é un sistema que permite a certo tipo de audífonos (os dotados de posición T) illar a palabra do son ambiente, permitindo así que persoas con problemas de xordeira poidan gozar do espectáculo coa mesma calidade que o resto dos espectadores.

Programación relacionada

Sen resultados.

Planta 0

Mapa planta cero
  • Biblioteca
  1. Acollida
  2. Aula
  3. Aula
  4. Aula
  5. Zona adultos
  6. Zona mocidade
  7. Zona infantil
  8. Bebeteca
  • Cafetería
  1. Sala aberta 
  • Teatro
  1. Zona de butacas
  2. Escenario
  3. Despacho de entradas

Lenda símbolos

  1. Acceso ao edificio
  2. Escaleiras
  3. Ascensores
  4. Aseos

Enlaces relacionados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión