Concello da Coruña

Concello da Coruña

1ª Gala Benéfica ASPERGA

A asociación ASPERGA realiza a súa primeira gala solidaria, na que gozaremos de actuacións musicais, de humor e maxia a cargo de importantes artistas do panorama de Galicia.

Cando:

21/12/2013, de 19:00 a 20:40

Xa rematou

Horario:

19.00 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

5.00 €.

Venda de entradas:

- Despacho da Pza. de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h. (pago en efectivo)

- Despacho do Ágora: o día da proxección dende 1 h antes (pago en efectivo).

- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

ASPERGA

Co obxectivo de recadar fondos para o desenvolvemento de actividades que redunden nunha mellora da calidade de vida das persoas afectadas pola Síndrome de Asperger na nosa comunidade, Asperga deseñou unha serie de accións que permitan incrementar os recursos da asociación, ademais de dar máis visibilidade a esta síndrome, así xurdiu a idea de redondear a acción cunha GALA SOLIDARIA na que se presentase o calendario solidario do 2014, onde numerosos profesionais do espectáculo, o cinema e a televisión colaboraron de forma desinteresada prestando a súa imaxe para recrear escenas do cinema de todos os tempos baixo a orixinal óptica do fotógrafo Edu Pereira, que combina modernas técnicas 3D con fotografía tradicional para crear un estilo propio de fantasía, e ademais se ofrecesen unha serie de actuacións de música, teatro, clown, performance, etc. desenvolvidas por artistas profesionais.

A condución da gala correría a cargo do actor Víctor Grande e contaremos coas actuacións dos seguintes artistas:

- Carmen Conde

- Grupo Maltine

- Mago Charlangas

- DeSincroNacidas (Greta Marí e Mónica Suarez)

- Leö Kch

- Pedro Brandariz

- Fredi Muíño

- Isabel Risco

- Inquietas, compañía artística.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión