ACROBACIAS CON HOOLA HOOP
Para todos os públicos
Familias, Para público en xeral
25/11/2023
Xa rematou
20.00 h
45 min
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
9,00 € (persoas desempregadas, Carné Xove, +65 anos e menores de 12 anos: 7,00 €) e abono 3 (de venda só nos despachos de billetes): 21,00 €.
Cousas que debes saber antes de virnos ver:
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Ágora deben facelo con entrada.
- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida.
- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
E DESPOIS DO ESPECTÁCULO
Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou déixanos un comentario no noso correo agora@coruna.gal
IMCE
agora@coruna.gal
PREMIO INVESTIGACIÓN CIRCENSE FETEN 2023
Cando nas nubes vemos unha tartaruga, tartaruga é unha "pareidolia". Unha pareidolia é un efecto psicolóxico que fai a nosa mente para darlle orde ao caos, poñer nome e forma a aquilo que o noso cerebro non recoñece. "361º GRAOS", é a nosa propia pareidolia da Teoría do Caos.
Unha obra existencialista que traduce en imaxes a necesidade de ver o mundo como un fluxo de acontecementos (recordos) móbiles, con saltos inesperados, dinámicos e non lineais. Queremos aceptar que o caos é o estado natural da vida. Sempre está a oportunidade de dar un xiro máis, antes de que todo se acabe.
FICHA ARTÍSTICA
Intérprete: Clara Reina
Dirección de escena e dramaturxia: Ana Donoso Mora
Autoría: Ana Donoso Mora (dirección de escena e dramaturxia) e Clara Reina (creación circense)
Música e espazo sonoro: Mattia Matmar
VENDA DE ENTRADAS:
PAGAMENTOS: no despacho de entradas da praza de Ourense, do Ágora e na televenda con tarxeta de débito ou de crédito, agás American Express.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible