Versión de Ricardo Martín sobre o orixinal de Muñoz Seca.
Para público en xeral
18/09/2021
Xa rematou
20:00 h
* Rógase puntualidade, unha vez comezado o espectáculo non se permitirá acceso á sala.
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
5.00 euros (prezo único)
* Todo aquel que acceda ao espazo onde terá lugar a representación debe facelo con entrada.
O "Imperante Dominador Astral" sofre un accidente de tráfico por ir discutindo co seu automóbil sobre cuestións de autoridade. Socorrido e atendido na mansión dos "Condes da Barqueta" que casualmente preparaban un evento familiar, en agradecemento polo auxilio que lle prestaron, o "Imperante Dominador Astral" reencarna, en condición "de plasma" a un dos antepasados máis gloriosos da árbore xenealóxica dos Condes da Barqueta: don Juan Tenorio; feito que dará lugar ao desconcerto xeral e ao desasosego na apracible, aínda que convulsa, mansión dos "Condes da Barqueta"
Na "Plasmatoria" Muñoz Seca exhibe algunhas das súas características literarias máis espectaculares: a parodia e a sátira. Polas súas páxinas discorren situacións surrealistas e aparecen personaxes do pasado remoto (Semíramis, Salomón...) ou próximo (Colón) que dan vida a unha divertida comedia "de enredo", típica do "astracán".
Venda de entradas:
Despacho de billetes do Centro Ágora: día do espectáculo desde unha hora antes.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible