Concello da Coruña

Concello da Coruña

Amoeba Split ft. Richard Sinclair (Caravan)

Amoeba Split é unha banda coruñesa de jazz rock con máis de 20 anos de traxectoria. Considéraselles na actualidade como un dos máximos expoñentes mundiais do "Son Canterbury".

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/04/2024

Xa rematou

Horario:

21:00 h

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

15,00 €

- Prezo en venda anticipada (ata 1 h antes do concerto)

12,00 €

Desconto do 20% para carné novo, maiores 65 anos, persoas desempregadas

Desconto do 25 % para familia numerosa

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

10de10

Foron recoñecidos por expertos internacionais en múltiples ocasións como unha das mellores formacións de jazz-rock progresivo de Europa, e foron premiados pola crítica especializada no xénero (Premio Progawards a mellor disco de debut de Rock Progresivo). Actuaron no prestixioso "Finisterrae Prog Festival", xunto a celebridades como Ao Dei Meola, Neal Morse ou Jan Akkerman. Ademais, actuaron no Festival de Jazz de Montreux, entre outros importantes eventos do jazz e o rock.. En abril 2023 publicaron o seu

terceiro disco, "Quiet Euphoria", situado no TOP 20 de todos os discos editados no mundo en 2023 por Progarchives, referencia no estilo.

Pola súa banda, un atractivo importantísimo para este concerto será a presenza de Richard Sinclair. Músico inglés coñecido por ser un dos pioneiros da escena de Canterbury, música de gran orixinalidade que combina numerosas influencias, entre as que destacan o rock progresivo, o jazz e o folk. A súa voz é a máis reconocible do estilo e a súa forma de tocar o baixo influíu a varias xeracións de músicos. Formou parte entre outros dos grupos CAMEL e CARAVAN, realizando xiras mundiais desde os anos 70, actuando ademais nos principais espazos televisivos de Inglaterra (Top of the Pops, BBC Sigh and Sound, Beat Club, etc). Podemos afirmar que imos gozar dun "Mick Jagger" do Rock Progresivo na Coruña.

Sen dúbida a actuación conxunta de ambas as propostas artísticas constitúe un feito absolutamente histórico na nosa cidade, ao combinarse tradición e vangarda dun tipo de música catalogada como única e irrepetible pola súa singularidade.

VENDA DE ENTRADAS:

- Pza. de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h

- Despacho de billetes do Centro Ágora: día de función desde 1 hora antes, sempre que queden entradas dispoñibles.

- Venda en liña: www.ataquilla.com

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión