Concello da Coruña

Concello da Coruña

Amoeba Split “Quiet Euphoria”

Presentación do novo disco do grupo musical coruñés Amoeba Split “Quiet Euphoria”.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/07/2023

Xa rematou

Horario:

20.00 h 

* Pídese puntualidade. Unha vez que comece o concerto non se permitirá acceder á sala.

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Anticipada 8,00 €, venda o día do concerto 10,00 € (Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%).

*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.

Organiza:

Asociación Cultural Tres por Cuatro

Amoeba Split é un grupo musical da Coruña (España), formado a finais de 2001 tras a desaparición do grupo de rock psicodélico Rama Lama FaFaFa, que interpreta un tipo de música enmarcada dentro do denominado "jazz-rock progresivo". As influencias de Amoeba Split son principalmente bandas británicas dos anos setenta, como King Crimson, Soft Machine ou Caravan, aínda que son considerados pola maioría de expertos como un grupo de "Son Canterbury".

Amoeba Split gravan en febreiro de 2003 a súa primeira maqueta autoproducida, e catro anos máis tarde entran no estudio para editar en setembro de 2010 o seu álbum debut, chamado Dance of thegoodbyes.

Este disco tivo unha grande acollida de crítica e público, con excelentes recensións en todo o mundo, e foi nomeado candidato pola web italiana Progawards como "Mellor álbum debut de rock progresivo de 2010". O dito disco esgotouse en varias ocasións e foi necesario reeditalo dende entón en diferentes formatos.

Ao longo de 2011 a banda segue a tocar en vivo e mesmo chega a participar no prestixioso Finisterrae Prog Festival realizado na Coruña e a actuar xunto a celebridades como Al Di Meola, Neal Morse e Jan Akkerman.

En abril de 2013 Amoeba Split entra en estudio de novo para gravar o seu segundo álbum, Second Split, publicado en xuño de 2016 polo selo mexicano Azafrán Media. Unha vez máis, o disco recibiu moi boas críticas, e foi considerado por Progarchives como un dos mellores discos editados ese ano. Co paso dos anos foi reeditado tamén en diversos formatos, tanto de forma autoproducida como a cargo do selo ÁMarxe.

Logo da publicación de Second Split o grupo volve aos escenarios para interpretar o disco en directo. Resultado de tales concertos, o selo Discos Pat publica en 2017 o cd Directo Mardigras '16, e en 2019 A Tiempo: Una Retrospectiva 2016-2018, este último editado en cd e dvd, o cal recolle material gravado en vídeo da banda.

En decembro de 2019 o grupo grava no Jazz Filloa da Coruña unha adaptación libre e improvisada do libro Animal Farm, de George Orwell. Este concerto está en proceso de edición e publicarase baixo o título Todos los animales son iguales.

Finalmente, en agosto de 2021 Amoeba Split regresa aos estudios de novo para gravar o seu terceiro álbum. A gravación realízase en Santa Cruz Recording (A Coruña), o mesmo estudio no que se rexistrou o seu anterior traballo.

En 2023 Amoeba Split publica finalmente o seu terceiro traballo en estudio, titulado Quiet Euphoria e editado polo selo ÁMarxe. O disco ofrece novas sonoridades non exploradas en anteriores entregas, e supón a confirmación do grupo como unha das referencias do estilo a nivel europeo. Non en balde, catalógase como banda fundamental no Neo-Canterbury pola prestixiosa publicación Daily Bandcamp. Quiet Euphoria recibe unhas críticas espectaculares e en poucas semanas sitúase no número 1 de todos os discos de rock progresivo editados no mundo no 2023, segundo Progarchives, referencia no estilo. Ademais, apenas un mes despois do seu lanzamento, o disco álzase co segundo posto na lista dos 250 mellores discos de estudio publicados nos últimos 25 anos de rock progresivo internacional, logro nunca antes alcanzado por ningún outro grupo español.

VENDA DE ENTRADAS

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h.
  • Despacho de billetes do Ágora: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • www.ataquilla.com
Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión