Unha dúbida cotiá que provoca que a persoa adulta teña que botar man da súa imaxinación para dar con aquel xogo, con aquel conto ou con aquel canto que faga máis atractivo o momento da comida.
Crianzas de 1 a 3 anos
Familias
15/06/2019
Xa rematou
Dende o 10/06/2019 ata o 14/06/2019
A inscrición comezará ás 10.00 h. Só precisa anotarse a crianza que teña entre 1 e 3 anos, que terá de vir acompañada dunha persoa adulta. Se por algún motivo non puidese vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
12.30 horas
1 hora
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Entrada de balde con inscrición previa
Servizo de Normalización Lingüística
A voz e a música de Cris de Caldas e Xabi do Camiño vanse mesturando e tratan de resolver o gran misterio con algunhas das fórmulas máis tradicionais que se utilizaron de sempre para facer do momento da comida unha experiencia máis agradable. E comerá o bebé? Ven descubrilo!
Esta actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dúas sesións: unha ás 11.00 e outra ás 12.30 h.
Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible