7º espectáculo do ciclo BEBESCENA. Unha reflexión sobre a problemática e vivencias actuais de infancia e cidade, onde a música e os sons da cidade reforzan a capacidade expresiva da obra.
Público familiar.
25/01/2015, de 11:00 a 13:30
Xa rematou
11.00 e 12.30 h.
30 minutos
6 € e abono 3 familiar (como mínimo 1 adulto e 1 menor) 15 €.
Os menores de 3 anos non pagan entrada.
Capacidade reducida: 90 prazas.
Público infantil, de 1 a 3 anos.
A través dun xogo creativo de metáforas mostra a cidade encadrada no ciclo día e noite, recoñecendo o neno como cidadán, o seu espazo e o seu tempo, e valorando a súa participación na vida das cidades.
A música, especialmente composta para este espectáculo e dirixida a bebés, xunto aos sons cotiáns da cidade, da gran máquina, logra reforzar a capacidade expresiva dos acontecementos en escena, xogando coas intensidades, os ritmos, as calidades do son, os silencios…
Compañía: Arena en los bolsillos (Granada).
Dirección e adaptación: Julia Ruiz Carazo
Intérpretes: Iker Pérez Varela e Elisa Vargas León
VENDA DE ENTRADAS: a partir de xaneiro do 2015
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible