Saúde emocional
Familias
Familias
Dende o 25/01/2022 ata o 28/02/2022
Xa rematou
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Por mor da pandemia sanitaria, e ante a imposibilidade de realizar un obradoiro presencial sobre saúde emocional a comezos de 2021, solicitamos unha entrega virtual na que se traballasen as ferramentas das emocións.
A reprodución consta de dúas partes. A primeira é un vídeo de animación coa mascota do Programa Apego (o polbo Po) como protagonista, para vermos en familia. A segunda parte, dirixida ás familias, é un obradoiro virtual a cargo da psicóloga Raquel Bello, de Espacio Oikos, que explica o funcionamento das emocións e as ferramentas para o manexo da autorregulación.
O vídeo permanecerá aloxado na nosa web sen horarios, sen inscricións, sen medidas anti-covid!
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible