O brutal asasinato de Nancy e Dereck Haysom impactou o mundo en 1985.
Para público en xeral
03/10/2017
Xa rematou
20.00 h
* Pídese puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permite o acceso á sala.
117 min
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Entrada: 2,50 euros e 2,00 euros (para maiores de 65, persoas desempregadas e carné xove)
** Para prezos reducidos, sen o documento que acredite o desconto, non se permitirá o acceso á sala.
Os Haysom eran xente adiñeirada da alta sociedade de Virxinia e o grande interese mediático fixo que fose o primeiro xuízo criminal retransmitido en directo por televisión. A condena da súa filla Elizabeth a 90 anos de prisión como cómplice de asasinato e a sentenza a cadea perpetua polo dobre asasinato de Jens Soering, o noivo alemán de Elizabeth, trastornou a sociedade.
Unha investigación recente con novas técnicas forenses desacredita as probas clave que inculpaban a Soering. Despois de máis de 30 anos en prisión, os novos indicios apuntan cara á súa inocencia. Unha tráxica historia de amor adolescente convertida nun trepidante crebacabezas xudicial: o misterioso caso de Jens Soering e Elizabeth Haysom.
VO en inglés e alemán con subtítulos en castelán
Ficha técnica
Dirección: Marcus Vetter & Karin Steinberger
Compañía produtora: Filmperspektiv
Sobre a dirección (Karin Steinberger & Marcus Vetter)
La promesa é a terceira obra conxunta de Marcus Vetter e Karin Steinberger, despois do Visionario, estreado no DocsBarcelona do Mes en 2015, e Hunger (2009). De formación e oficio xornalista, Steinberger é editora da prestixiosa revista alemá Sueddeutsche Zeitung (SZ). Ela foi quen volveu sacar á luz o caso de Jens Soering en 2006 cando aínda non tiña visibilidade en Alemaña e que lle propuxo a produción do documental a Marcus Vetter. Vetter traballou como editor de televisión, produtor e director desde 1994. Gañou distintos premios internacionais e as súas películas exhibíronse en festivais de todo o mundo. Dirixiu, entre outros, The Tunnel (1999), My Father the Turk (2006), Heart of Jenin (2008), premiado en Valladolid, ou The Court (2012).
Premios e festivais
Sección oficial, DocsBarcelona - España, 2017
Official Selection, DocAviv - Israel, 2017
Official Selection, Riverrun - Estados Unidos, 2017
Award for Human Rights and Democracy, Filmfestival Türkei Deutschland - Alemaña, 2017
Sección Oficial, DocsBarcelona Valparaíso - Chile, 2016
Official Selection, IDFA - Países Baixos, 2016
Official Selection, Doc NYC - Estados Unidos, 2016
Official Selection, Denver Film Fest - Estados Unidos, 2016
Official Selection, Virginia Film Fest - Estados Unidos, 2016
Official Selection, DocsDF - México, 2016
Official Selection, Reykjavik International Film Fest - Islandia, 2016
Official Selection, DMZ Docs - Corea do Sur, 2016
Official Selection, Filmfest München - Alemaña, 2016
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Centro Ágora: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) - web
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible