Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ferrados de Letras

Festival de poesía, baile e música organizado pola Asociación Veciñal da Agra do Orzán

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

24/05/2018

Xa rematou

Horario:

20:30 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

de balde até completar a capacidade

Organiza:

Asociación Veciñal da Agra do Orzán

Gozaremos da música tradicional con varios colectivos da asociación (Cantareir@s.comTIGO, Bailador@s da vida, Pandereteir@s da paz) e o grupo Parabéns.

O colectivo Recitador@s de soños achegaranos á poesía de María Victoria Moreno.

Na edición deste ano celebraremos tamén a vixencia da obra de Eduardo Pondal que nos achega a versión reducida de Pondaliana, un espectáculo musical que creou e presentou a Sociedade Cultural Medulio en 2017 para conmemorar o poeta: escoitaremos doce poemas musicados e un preludio nas voces de Alberte L. Porta, Xoán Padín e Lidia Piñeiro, que musicaron gran parte dos temas; Roberto Vázquez Fernández representará o Pondal novo e o Pondal vello; canto aos instrumentos, estarán Fausto Escrigas (gaita, saxo, percusión), Alberte Núñez (acordeón) e Alberte López Porta (guitarra).

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión