Concello da Coruña

Concello da Coruña

Gosto de vivir a poesía

Recital poético en que participan poetas e o colectivo Gosto de vivir a poesía da Asociación veciñal Agra.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

02/12/2021

Este evento xa rematou

Horario:

19:30 h 

Duración:

60 min

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

Ata completar a capacidade en función das limitacións preventivas contra a pandemia COVID. Os asentos adxudicaranse por orde de chegada. A porta abre ás 19:00 h.

Prezo:

de balde

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Beatriz Maceda Abeleira, vogal da AELG, presentará Ana Romaní, Eva Veiga e Xulio López Valcárcel, tres poetas que participan na sesión que pecha "Gosto de vivir a poesía" na edición de 2021.

Hai anos que a Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán dentro do programa "Facendo país" coordinado por Ricardo Seixo, vén desenvolvendo "Gosto de vivir a poesía", unha actividade aberta á participación veciñal, en que as persoas participantes escollen catro ou cinco autoras/es a quen dedicar cadansúa sesión ao longo do ano; escolman uns poemas de cada autor/a e, nunha sorte de escola de declamación, trabállanos durante un mes  para facer unha lectura pública final, no local veciñal (rúa Entrepenas 38 soto, 15010 A Coruña) ou noutras localizacións como parte doutras actividades propias, alleas ou no decurso dos festivais que desenvolvemos no Centro Ágora. A lectura dos poemas compleméntase, en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), cunha introdución sobre a figura e obra do autor/a, coa presenza do autor/a ou ao coidado dunha persoa coñecedora da súa obra. O programa de 2021 inclúe cinco recitais:

- Marzo. Miguel González Garcés

- Maio: Xela Arias: dentro do festival "Ferrados de Letras", no Centro sociocultural Ágora

- Xullo: Ricardo Carvalho Calero

- Outubro: Antón Avilés de Taramancos

- Decembro: un acto no Centro sociocultural Ágora coa presenza de Ana Romaní, Eva Veiga e Xulio López Valcárcel

Algunhas das lecturas publicáronse na canle youtube da asociación.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión