Tres citas ineludibles para mellorar a capacidade de liderado, a competitividade e a cualificación profesional que conforman os piares de incoruña, o grande evento creado pola Asociación de Emprendedores de Galicia (ASCEGA) e que se completa cun gran programa de ocio (moda, arte, gastronomía, música).
Dende o 27/05/2013 ata o 01/06/2013
Xa rematou
II LEADERHIP FÓRUM GALICIA
Días: 31 de maio e 1 de xuño
Encontro nacional de liderado, coaching e habilidades directivas presentado e conducido por Luis Larrodera que proporcionará grandes doses de enerxía entre os asistentes. Relatores da categoría de Emilio Duró, Mónica Esgueva, Patricia Ramírez, Santiago Vázquez ou Teresa Perales (a atleta paralímpica con máis medallas do mundo) animarán o público á acción, a loitar polo que queren, a través de charlas amenas e optimistas, baseadas en historias reais. O congreso complétase cunha cea networking no restaurante Domus.
Prezos:
Público xeral: 140 €.
Prezo grupos (3 ou máis persoas): 15% de desconto.
Prezo especial para os asistentes do ano pasado e asociacións: 96 €.
Prezo para estudantes e desempregados: 75 €.
Prezo cea: 60 €.
SEMANA DA FORMACIÓN
Días: 27 a 30 de maio
Programas específicos en xestión de empresas, finanzas, recursos humanos, estratexia e marketing impartidos por formadores de prestixio. A Semana da Formación ofrece dous tipos de cursos: os de pola mañá estarán dirixidos a emprendedores, desempregados e persoas con dificultades de inserción no mercado de traballo ou en situación de vulnerabilidade social a formación de calidade; os cursos de tarde serán para empresarios, profesionais en activo e resto de persoas interesadas nas áreas que se van desenvolver.
Prezo:
Mañá: 0 € para desempregados, estudantes e emprendedores. Para inscribirse será necesario enviar un email a activa@incoruna.es indicando o nome do curso solicitado e os datos persoais do solicitante.
Tarde: 94 € por asistente a cada curso (bonificable).
XORNADAS DE E-COMMERCE
Días: 27 e 28 de maio
e-commerce incoruña é un evento centrado no comercio electrónico e o marketing online no que se explicarán as claves do comercio electrónico de mans de grandes profesionais. As xornadas estarán compostas por conferencias de alto nivel ofrecidas por empresarios de éxito no comercio online e talleres prácticos nos que o participante aprenderá a crear a súa propia empresa ou emprendemento dende cero e con expertos na área do emprendemento persoa e o comercio electrónico. Contaremos cunha micro sesión de networking con coffe-break e unha sesión longa de networking ao finalizar. Para aproveitar ao máximo os intermedios e os momentos de networking, están previstas actividades paralelas relacionadas co marketing, a publicidade e o emprendemento.
Prezo:
Prezo público xeral: 75 €.
Prezo especial estudantes e desempregados: 36 €.
I CONGRESO NACIONAL DE FORMACIÓN DE OFERTA E DEMANDA
Días: 29 e 30 de maio
A finalidade do congreso é proporcionar coñecementos para xestionar con eficacia o sistema de bonificacións a través da Fundación Tripartita, así como outras axudas e subvencións a través dos Plans de Oferta Estatais.
Durante o congreso, os técnicos máis cualificados a nivel nacional do sector da formación de oferta e demanda mostrarannos as claves para optimización dos recursos destinados á formación das organizacións; a normativa vixente e novidades 2013 e a evolución e tendencias do sector da formación.
Trasladaranse as novidades do sistema en formación continua, a correcta xestión dos permisos individuais de formación, certificados profesionalidade, estratexias de rendibilidade e as novas tendencias no sector.
Esta acción formativa está dirixida a directores de recursos humanos e profesionais usuarios da xestión da formación de oferta e demanda. Durante a súa realización, realizaranse á vez unha serie de cursos paralelos específicos.
Prezos:
Material como asistente ao congreso: 417 € (bonificable; coa inscrición a 2 ou máis cursos paralelos, entrada gratuíta ao congreso).
Material como asistente aos cursos paralelos: 260 € (bonificable).
Inscricións
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible