#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
Para público en xeral
23/05/2022
Xa rematou
Acceso libre ata completar capacidade
De 19.00 h. a 20.00 h.
Tel.: 981 184 298
O luns 23 de maio, ás 19:00 h, teremos a presentación do libro póstumo de Lino Braxe, "Sidi, unha viaxe cara á vida" editada en galego e castelán por Hércules Edicións.
No acto participarán:
Ao finalizar o acto poderase adquirir a obra, cuxos dereitos da venda irán destinados á Fundación Terra de Homes.
SINOPSE:
Desde un remoto lugar situado entre dous mundos, Sidi -un mozo valente e soñador- emprende unha viaxe física e emocional que cambiará para sempre a súa vida e a de Raúl, o seu cariñoso pai acolledor.
LINO BRAXE:
Comezou no teatro profesional en 1985, coa Compañía Luís Seoane. Actuou en producións da Escola Dramática Galega, do Centro Dramático Galego, Malbarate e outras. Tamén foi actor de dobraxe e radio. Foi un dos fundadores da revista Luzes de Galicia. Dirixiu, ata o seu falecemento, o grupo de teatro da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
Tamén foi locutor de RNE durante dez anos. Nese período de tempo adaptou para a radiola obra dramática completa de Álvaro Cunqueiro e Eduardo Branco Amor.
Foi autor de varias obras de poesía, narrativa, teatro e de literatura infanto-xuvenil, ademais de participar en numerosas obras colectivas.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible