Espectáculo para a primeira infancia
Familias, Infancia
20/09/2022
Xa rematou
Dende o 16/09/2022 ata o 20/09/2022
A inscrición comezará ás 10.00 h a través desta web.
A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
Pase das 17.00 horas
30 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
40 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Caramuxo Teatro presenta ÑAM!
Comer é un pracer, pero antes hai que cociñar e escoller os mellores produtos, porque as mazás poden ser verdes ou vermellas, as galletas grandes e pequenas, os tomates da casa ou doutro lado do mundo. A min encántame o salgado! Pois eu prefiro o doce! Ñam! é un espectáculo creado a partir do mundo da cociña para ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en familia.
Unha proposta de lecer en familia para nenos e nenas de 3 a 6 anos cunha coidada estética na que o humor, a emoción, e a poesía se mesturan.
A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora e haberá dous pases, ás 17.00 e 18.30 h, para os que se haberá que inscribir previamente en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions.
A cada pase só poderán asistir 40 familias (crianza + persoa adulta). Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
REQUISITOS POLA SITUACIÓN SANITARIA:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible