4º Espectáculo do ciclo BEBESCENA. NIÑOS é un espectáculo poético-musical, Premio FETEN 2013 ao mellor espectáculo para a primeira infancia.
Público familiar.
09/11/2014, de 11:00 a 13:30
Xa rematou
11.00 e 12.30 h.
40 minutos
6 € e abono 3 familiar (como mínimo 1 adulto e 1 menor) 15 €.
Os menores de 3 anos non pagan entrada.
Capacidade reducida: 90 prazas.
Público infantil, de 1 a 3 anos.
"NIDOS" é un espectáculo musical con poemas, cancións, sons, trinos, ruídos de ás... con mil sons o bosque fala. Con "Nidos" imos cantar, soñar, talvez voar.
Un niño é un lugar onde nace ou se orixina algo, un lugar onde se viviu cos pais e durante a infancia. Unha casa-cama onde dormen os ovos das aves e se crían os pitos.
Os paxaros fabrícanos nos sitios máis insospeitados pero os nosos "NIDOS" estarán nunha árbore moi particular.
Con "NIDOS" imos voar, cantar, escoitar, bailar, xogar e imos aniñar. Os paxaros internaranse nas cabezas dos pequenos espectadores e alí farán o seu particular NIÑO. Compañía: Teloncillo (Valladolid).
Idea e interpretación: Ana Gallego e Ángel Sánchez sobre poemas de Carlos Reviejo e Gloria Fuertes.
VENDA DE ENTRADAS:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible