Concello da Coruña

Concello da Coruña

PILAR EYRE- Libros en directo

O ciclo "Libros en directo" continúa a súa cuarta temporada con Pilar Eyre para contarnos (en directo) todos os detalles do seu libro "Mi color preferido es verte" que foi finalista do Premio Planeta 2014.

Cando:

22/01/2015, de 20:00 a 22:00

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Organiza:

Polisemias

A finalista do Premio Planeta 2014, Pilar Eyre, participará no ciclo de encontros Libros en directo. Durante a conversa con Pedro Ramos, a autora falará da súa traxectoria como novelista e como a actualidade inflúe no seu traballo. E ao seu remate, asinará exemplares da súa obra.

Pilar Eyre (Barcelona, 1951) é autora de numerosos libros, entre eles Dos Borbones en la corte de Franco, Secretos y mentiras de la Familia Real, Vips: todos los secretos de los famosos, Mujeres, veinte años después e Cibersexo; tamén das novelas Todo empezó en el Marbella Club e Callejón del olvido e da biografía Quico Sabaté, el último guerrillero. As súas novelas históricas Ena, Pasión imperial, María la Brava e o relato biográfico, a cabalo da novela, La soledad de la reina convertérona en todo un fenómeno editorial.

O ciclo Libros en directo, ciclo desenvolvido pola Concellería de Cultura do Concello da Coruña e organizado por Polisemias, coordinado por Pedro Ramos, conseguiu convocar na Coruña os autores máis relevantes da actualidade editorial para que os lectores coñezan, por boca dos propios autores, a súa traxectoria vital e creativa así como os detalles da obra en cuestión.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión