Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas di(n) versos: DAVID CREUS E PERU SAIZPREZ

Perfopoesía dende a Costa da Morte e Perú no ciclo poetas di(n)versos. Altas doses de enxeño, estratexias da performance e ata sentido do humor tomarán corpo e voz nas innovadoras propostas de David Creus e Peru Saizprez.

Cando:

17/11/2014, de 20:30 a 23:00

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Documentos:

Programa (2 MB)

Dous creadores chegados dende distintos ámbitos expresivos –as artes visuais no primeiro e a publicidade no segundo- e que enriquecen os seus versos con elementos escénicos, accións, son e movemento, para alcanzar novas dimensións capaces de transcender o texto escrito. O galego naceu en Cee en 1975 e o peruano fíxoo en Lima catro anos antes.

O ceense David Creus publicou “Palabras para un parque hidráulico” e iniciouse nas letras da man do mítico e xa extinto colectivo poético "Batallón literario da Costa da Morte". Hoxe é profesor de debuxo en educación secundaria e compatibiliza a súa tarefa artística coa carreira na poesía multidisciplinar, parte dela compartida co seu irmán Estevo Creus.

Peru Saizprez ten catro poemarios publicados e dúas obras de teatro estreadas e asinadas en colaboración, ademais de constituír un dos nomes máis activos e recoñecidos que están a axitar a escena do que algúns dan en chamar "perfopoesía". Un verbo sorprendente e unha inesgotable imaxinación son as marcas de identidade deste orixinal creador que pisou multitude de escenarios tanto de España como de América Latina.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión