Este evento forma parte do ciclo "Poetas di(n)versos", citas mensuais co mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo, que no 2014 recibiu o Premio da Crítica Galicia á Mellor Iniciativa Cultural.
Persoas adultas
29/11/2021
Xa rematou
Entrada libre ata completar capacidade.
20.00 horas
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
O ciclo de poesía do Concello da Coruña -fundado e dirixido pola tamén poeta e xestora cultural Yolanda Castaño- encara unha nova cita mensual.
Nesta ocasión, escoitaranse os versos dun dos maiores poetas de Eslovenia, Aleš Šteger, cunha voz imprescindible da poesía galega moza, Jesús Castro Yáñez: poesía pulsada á vez con fondura e fineza.
Ambos poetas recitarán os seus textos en lingua orixinal a partir das 20.00 h no Auditorio do Centro Ágora, nun acto de arredor dunha hora de duración, totalmente aberto e gratuíto. O encontro será retransmitido tamén en streaming e poderá seguirse na canle de Youtube do ciclo.
Unha libraría de proximidade achegará ao público interesado os títulos dos convidados no caso do interese en solicitar as súas sinaturas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible