Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Seis. Lorca en Galicia", polo Día da Poesía

Concerto-recital para todos os públicos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

21/03/2024

Xa rematou

Inscricións:

Actividade sen inscrición previa.

Entrada libre e gratuíta ata encher a capacidade do auditorio.

Horario:

21.00 h

 

Duración:

60 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde

Organiza:

Servizo de Normalización Lingüística - Promoción da Lingua (Servizo de Cultura do Concello da Coruña)

Contacto:

Teléfono: 981 189 888

Correo: lingua@coruna.gal 

"SEIS"

Seis foron os poemas que Federico García Lorca fixo en galego, e "SEIS" é o nome deste proxecto que pretende homenaxear este fito da literatura en Galicia, que o mellor poeta contemporáneo e un dos máis grandes da lingua castelá de todos os tempos escollese o idioma galego para facer a única incursión poética nunha lingua allea, nun tempo no que o galego provocaba indiferenza, no mellor dos casos.

"SEIS" é un proxecto audiovisual onde a música en directo composta para a ocasión, de carácter ambiental con guitarra eléctrica e videocreación en vivo, crearán unha atmosfera onírica e suxestiva mentres a obra de Lorca é recitada. Deste xeito, música e imaxe acompañarán a palabra do poeta, ofrecéndolles ás persoas espectadoras un achegamento diferente a esta xoia da literatura.

A autoría deste proxecto recae no músico Rafa Fernández, que xa ten experiencia neste tipo de proxectos no que se utiliza o audiovisual como marco para a obra de figuras do eido cultural galego, como foron Álvaro Cunqueiro en "Música para mil primaveras" ou o fotógrafo galego José Suárez en "José Suárez, Suite para unha vida".

Elenco: Rafa Fernández (guitarra eléctrica e composición), Lara Dopazo (voz), Adriana Páramo (videocreación) e Virxilio Da Silva (guitarra eléctrica)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión