Os crecentes datos alertan sobre o uso inadecuado das TIC (tecnoloxías da información e a comunicación) e as súas consecuencias, de maneira especial entre os/as menores, que constatan a existencia habitual de situacións que poden poñer en perigo a privacidade do/a menor, ben sexa de maneira voluntaria (propio menor difunde datos persoais) ou maneira involuntaria (terceira persoa difunde datos ou imaxes persoais do/a menor). Fenómenos frecuentes como o uso excesivo das TIC, o acceso a contidos inadecuados, a cesión de datos persoais, a suplantación de identidade, o ciberbullying, sexting, grooming,… están asociados a un uso inadecuado das novas tecnoloxías ben por descoñecemento ou ben por supervisión insuficiente, por iso é necesario establecer estratexias tanto de tipo preventivo como asistencial que aborden as súas consecuencias.
Mocidade entre 11 e 13 anos.
Para público en xeral
Os días 23/04/2018 ás 16:30 , 25/04/2018 ás 16:30
Xa rematou
Dende o 02/04/2018 ata o 22/04/2018
Inscrición no Centro Cívico Municipal de Monelos
Ter a idade establecida.
Mocidade entre 11 e 13 anos
Prazas limitadas
981 189 817/010
O taller, dirixido a menores entre 11 e 13 anos, será impartido por ACLAD (Asociación Cidadá de Loita contra a Droga) e abordará entre outros temas: uso-abuso-dependencia de TIC, privacidade, identidade dixital e reputación en liña, ciberacoso escolar, sexting, grooming, xestión da información e acceso a contidos apropiados.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible