Concello da Coruña

Concello da Coruña

The 48 Hour Filme Project

A maior competición de Cinema a contrarreloxo do mundo chega á Coruña por primeira vez

Cando:

Dende o 19/04/2013 ata o 21/04/2013

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Documentos:

cartel_acoruna_web.pdf (461 KB)

¿Atrévesche a rodar un curto en 48 Horas?
 
‘The 48 Hour Filme Project'. Do 19 ao 21 de Abril de 2013 queremos retarvos a realizar unha curtametraxe (desde o guión ata a rodaxe e a posterior edición) en só 48 horas.  ¿Juan Sánchez, avogado? ¿un colador? ¿cinema fantástico? ¿"queres casarche comigo"?
 
O venres 19 de Abril, ás 19:00 horas no Centro Ágora (A Coruña) proporemos a todos os participantes un personaxe, un obxecto e unha liña de diálogo, que deberán incluír na súa película, e ademais a cada equipo asignaráselle un xénero por sorteo.
 
Ás 19:00 horas daremos o pistoletazo de saída de tan intrépida e divertida competición.
Un maratón de imaxinación, horas de traballo e soño, risas, nervios.... As películas entregaranse 48 horas despois, o domingo 21 de Abril antes das 19:30 h.
 
¿Estás preparado para un fin de semana de frenético cinema?

Se queres participar a cota de inscrición por equipo son 75 €. As películas presentaranse ao público no edificio do Centro Ágora en c/ Ágora s/n (A Coruña) o venres 26 de Abril de 2013, onde o xurado seleccionará a mellor película. Os gañadores entrarán na carreira para conseguir o maior recoñecemento a nivel Internacional, no evento anual do ‘The 48 Hour Filme Project 2013' cos premios ás mellores curtametraxes do ano que terá lugar no Filmapalooza 2014. Alí competirán por ser unha das 10 películas que se proxectarán na Sección de Curtametraxes do Festival de Cinema Cannes de 2014.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión