Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cada un dos programas da Concellería de Servizos Sociais do Concello da Coruña traballa polo benestar de toda a cidadanía e dedica un esforzo especial ao traballo cos colectivos máis sensibles, máis desfavorecidos ou en desvantaxe social. A súa acción céntrase en ámbitos como a atención á dependencia, as respostas á diversidade funcional das persoas, a inmigración, a terceira idade, a infancia, a mocidade, a drogodependencia, a igualdade, a exclusión social, a cooperación ao desenvolvemento ou o voluntariado. Entre os diferentes programas –dunha carteira de máis de setenta servizos- atópanse os Servizos Especializados, con accións transversais de intervención específica ante temáticas sociais, como a exclusión social, o asesoramento e inserción sociolaboral de persoas inmigrantes ou o relacionado cos malos tratos de xénero e a recuperación e tratamento integral das persoas maltratadas.

Dentro da área de Servizos Sociais atópase tamén unha Rede de vinte e un Centros Cívicos, sociais e veciñais, así como as Unidades de Atención Social, buque insignia dos Servizos Sociais Comunitarios. Todos eles contan cun equipo multidisciplinar, cuxa misión principal é a articulación da comunidade na que se atopan situados. Contribúen a solucionar os problemas sociais de persoas e familias e apoian e fomentan o asociacionismo e a participación social, cultural, formativa e lúdica do barrio.

Pois ben, neste magnífico equipamento do Centro Ágora atópase a primeira UNIDADE DE ATENCIAÓN SOCIAL CENTRALIZADA da cidade, tamén denominada "Ágora", que atende a unha boa parte do territorio da mesma. Nela conxúgase o SIVO coa Unidade de Atención a Persoas Migrantes (UAMI).

O Programa do Servizo de Información, Valoración e Orientación (SIVO) ten como función xenérica garantir o acceso de toda a poboación que o necesite ao sistema público de servizos sociais e potenciar os recursos persoais e sociais. Ademais ten tamén funcións específicas tales como a atención e información á poboación nos temas concernentes ás demandas e recursos sociais, a realización de diagnósticos de cada situación a fin de planificar o proceso de intervención, ou a xestión e trámite dos recursos dos diferentes sistemas de protección social cara ao usuario. Entre os seus obxectivos máis importantes destaca o de facilitar a toda a poboación a información necesaria para o exercicio dos seus dereitos sociais, estudando e analizando as demandas de forma individualizada. Con iso pódense valorar as alternativas máis apropiadas, propoñéndollas ao/a usuario/a e asesorándolle no proceso de toma de decisións. Todo iso contribúe a establecer unha relación de axuda entre o profesional e acódea usuaria do servizo, que permite a esta última mellorar o seu desenvolvemento integral.

A Unidade de Atención a Persoas Migrantes (UAMI) entende das cuestións relacionadas co asesoramento integral a persoas inmigrantes e emigrantes retornados, desde os puntos de vista social, laboral e xurídico. Complementa a súa acción con actividades como o Club de Emprego ou Aulas Interculturais.

PETICIÓN DE CITA PREVIA: no teléfono 981 189 868 e no correo electrónico: uasagora@coruna.es

Planta primeira

  • Servizos á cidadanía
  1. Ventá municipal
  2. Servizos sociais
  • Vestíbulo
  1. Vestíbulo entrada
  2. Vestíbulo entrada
  • Aulas
  1. Aulas  5, 6, 7, 8 e 9
  • Auditorio
  1. Platea

Lenda símbolos

  1. Acceso ao edificio
  2. Escaleiras
  3. Ascensores
  4. Aseos

Enlaces relacionados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión