9 de febreiro de 2022
Considerando o protocolo FISICOVID da Federación Galega de Atletismo, realizaranse quendas de saída de 300 atletas, en función dos tempos rexistrados na inscrición. As quendas sairán cun intervalo de 1 minuto.
O medio maratón deste domingo día 13 contará con quendas diferenciadas para ofrecer as maiores facilidades e garantirlles as mellores condicións aos seus e ás súas atletas. As quendas de saída serán de 300 atletas cada unha, que se corresponderán con cinco cores indicativas que lucirán as/os corredoras/es nos seus dorsais. Así mesmo, os números en negro serán para homes e en vermello para mulleres.
Para participar e que se entregue o dorsal será imprescindible cumprir algún dos seguintes requisitos:
Un destes tres requisitos deberá serlle mostrado á organización no momento da recollida do dorsal.
Quendas de saída: na primeira quenda situaranse os corredores e as corredoras co dorsal verde. Na segunda quenda deberanse colocar aqueles atletas coa cor distintiva deste dorsal, que será a amarela. A terceira quenda estará representada por participantes que porten o dorsal de cor fucsia. A cuarta quenda estará identificada para o dorsal de cor azul. Na quinta e última quenda situaranse aqueles/as atletas coa cor granate nos seus dorsais.
Para contribuír a realizar un evento seguro, os/as atletas deberán saír correndo coa máscara posta, poderana retirar transcorridos os metros suficientes como para garantir a distancia de seguridade. Situaranse contedores uns 200 metros despois da saída para aqueles/as atletas que desexen desfacerse da máscara tras a saída, tal como permite o protocolo FISICOVID da Federación Galega de Atletismo. Á chegada a meta, todos/as aqueles/as corredores/as que se desfixesen da súa máscara, terán a posibilidade de recibir unha, ofrecida pola organización.
O obxectivo é que a realización de Coruña21 se poida levar a cabo con todas as garantías de seguridade persoal posibles.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible