O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 1 de Marzo de 2026 o XVIII Medio Maratón Coruña21, cunha distancia homologada de 21.097´50 metros.
A proba comezará ás 09:30 a.m. e a linea de saída estará situada á altura do Obelisco, no Cantón Grande.
O peche de control da carreira realizarase 2 horas e 30 minutos despois de súa saída. Así mesmo, establecerase un tempo de 1 hora e 15 minutos para o paso polo 10 km. Ao cumprirse este tempo, tanto para o primeiro tramo da carreira como para a distancia total, todas as persoas que aínda continúen no circuíto deberán retirarse e trasladarse á zona peonil.
Consideraráselles "fóra de carreira" e "non figurarán nas clasificacións". Se deciden continuar, estarano a facer baixo a súa exclusiva responsabilidade, debendo cumprir en todo o momento coa normativa de tráfico e seguridade viaria.

O 12 de mar de 2026
O Concello ultima os preparativos de cara á xornada, na que o faro estará iluminado de cor morada para conmemorar o Día Internacional da Muller

O 7 de mar de 2026
O coruñés Miguel Mandayo, deportista e creador de contidos, protagoniza o vídeo oficial desta edición 2026 das carreiras populares polos barrios

O 2 de mar de 2026
Tras realizarse o medio maratón C21, o Concello ultima a organización da nova tempada de carreiras populares, que na súa primeira data aparellará tamén unha andaina polo 8-M, Día da Muller

O 1 de mar de 2026
O atleta africano chegou á meta cun tempo de 01:01:12, seguido por Carlos Mayo e Jesús Ramos. A venezolana Edymar Brea foi a vencedora na categoría feminina, coas galegas Ester Navarrete e Sandra González ocupando o segundo e terceiro caixón do podio, respectivamente

O 27 de feb de 2026
Haberá dúas saídas diferenciadas para a C21 e a 5K. Ademais, cada carreira contará con cinco caixóns de saída segundo os tempos indicados no formulario de inscrición
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible