22 de setembro de 2021
A carreira Popular Coruña10 percorre un circuíto plano que favoreceu lograr grandes rexistros. O documento adxunto amosa unha detallada análise das mellores marcas conseguidas desde os seus inicios.
Na continuación de Coruña10 tras o baleiro de 2020 pola pandemia da Covid19, é interesante facer un balance das marcas que se conseguiron nas 13 edicións celebradas ata agora.
En categoría masculina, 41 corredores realizaron 76 marcas iguais ou inferiores a 31.00, sendo o máis asiduo Lolo Penas (vencedor en 2010 e segundo en 4 ocasións), que as logrou en 8 edicións, seguido de Alejandro Fernández (vencedor en 2013) con 7 marcas.
Na categoría feminina foron 79 as veces nas que se fixeron 37.00 ou menos, marcas a cargo de 35 corredoras. A máis constante é Ester Navarrete, que rebaixou esa marca tamén en 8 ocasións, sendo o seu mellor posto o terceiro feito na última edición de 2019. Séguelle en número de marcas Solange Pereira (vencedora en 2017) con 7 rexistros.
Os récords da proba están a cargo do kenyano Peter Cheruiyot Kirui, que en 2009 venceu coa excelente marca de 28.09, e da tamén kenyana Gladys Cherono, que nesa mesma edición parou o crono en 31.40, sendo a sexta clasificada na carreira absoluta, con só cinco corredores masculinos por diante dela. Con ese rexistro entrou no top10 do ránking mundial dese ano.
A nivel galego as mellores marcas son os 29.01 de Lolo Penas, nese mesmo ano de 2009, e os 34.01 de Paula Mayobre feitos en 2018.
Agardamos que esta próxima edición haxa unha gran achega a este ránking.
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible