Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Coruña10 é a carreira máis popular do atletismo coruñés e preparouse un amplo dispositivo de seguridade e mobilidade para que se poida realizar en condicións de seguridade para as persoas participantes e tamén para o resto de usuarios/as das vías da cidade.
Ás 09:30 horas pecharase o circuíto ao tráfico para realizar a carreira, que comezará ás 10:00 horas. O dispositivo concluirá cara ás 12:30 horas.
Estas son as alteracións no tráfico rodado:
AC-11.- A entrada e saída á cidade pola AC-11, (avda. de Alfonso Molina), estará afectada no viaduto, á altura da Ronda de Nelle; cortarase o carril esquerdo de acceso. Este carril utilizarase para dar saída aos vehículos entre a avda. do Porto ata o paso de peóns que está á altura de Fernández Latorre.
Acceso ao Porto.- O acceso ao Porto estará cortado, salvo situacións de necesidade ou urxencia, durante o tempo de desenvolvemento de carreira.
Acceso a REPSOL e Oza.- O acceso a estes lugares realizarase desde a glorieta de Casabranca a través da AC-10.
Acceso á Casa do Mar.- Desde a Costa da Palloza está operativo un carril que permite acceder ao servizo de urxencias da Casa do Mar e a saída ata Ramón y Cajal.
Saída da cidade desde a praza de Ourense.- Habilitarase un carril desde a praza de Ourense cara á AC-11 (avda. de Alfonso Molina)
Desde as 09:30 horas procédese ao peche do circuíto coas seguintes ramificacións:
Ata as 10.35 h corte TOTAL de San Andrés- rúa Alta-Paseo Marítimo, tramo Curros Enríquez- Calvo Sotelo
Ata as 10.45 h corte TOTAL de Rubine-praza Pontevedra-Juana de Vega-Sánchez Bregua
Ata as 11.15 h corte TOTAL de Estrada do Porto e vías interiores do porto
Ata as 11.45 h corte PARCIAL de Linares Rivas, Primo de Rivera
Ata as 11.45 h corte TOTAL de Cantón Pequeno - Cantón Grande - avda. da Mariña.
Ten en conta, ademais, que quedan suprimidas as paradas do transporte metropolitano de praza de Ourense e Entrexardíns e mantense Catro Camiños (de 9.30 a 11.45 h).
Lembra que a apertura do Paseo Marítimo Praias producirase ás 10.35 h.
Agradecemos a comprensión destas medidas que se adoptan para a seguridade das persoas participantes e de peóns e vehículos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible