Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Carreras Populares

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

12 de abril de 2019

O Concello despregará este domingo un dispositivo especial de tráfico con motivo da celebración do Maratón Atlántica

A proba de 42 quilómetros comezará ás 08.30 horas no Obelisco, pero os primeiros cortes na zona comezarán ás 05.30 horas. O desenvolvemento da cita deportiva suporá modificacións nos itinerarios de diferentes liñas de transporte público urbano durante a mañá

Este domingo, 14 de abril, as rúas da Coruña acollerán a VIII Maratón Atlántica Coruña42. A proba, que comezará contra ás 08.30 horas, terá a súa saída no Obelisco e a meta en María Pita, e estará acompañada, como é habitual, por unha carreira popular de 10 quilómetros, coñecida como 10K. Con motivo da cita deportiva, a Concellería de Mobilidade Sostible establecerá un dispositivo especial de tráfico, co obxectivo de favorecer a mobilidade da veciñanza e a circulación das las liñas de transporte público colectivo durante o desenvolvemento da carreira, que se estenderá até as 14.00 horas. O circuíto do maratón, homologado pola Real Federación Española de Atletismo, percorre durante 42.195 metros as principais rúas do centro urbano da cidade, achegándose ao seu bordo litoral.  Por este motivo, os servizos municipais de seguridade recomendan empregar a rolda do Real Club Deportivo como vía de entrada e saída da cidade na mañá do domingo.

O dispositivo comezará ás 05.30 horas da mañá, momento no que se establecerá o corte total á circulación do tráfico nos Cantóns, desde Ambrosio Feijóo ata praza de Mina. O corte manterase até ás 15.00 horas, aproximadamente, despois da finalización do desmonte da zona de saída. Ademais, desde as 08.00 e até as 13.15 horas, procederase ao corte total de Juana de Vega, praza de Pontevedra, Modesta Goicouría e o Paseo Marítimo --entre a glorieta da Casa dos Peixes até a das Esclavas--, así como da rúa Manuel Murguía --desde as Esclavas até a rúa Almirante Lángara--. Para poder facilitar a mobilidade neste ámbito, o Concello habilitará o dobre sentido do túnel da praza de Pontevedra, para permitir así a conexión de San Andrés con Juan Flórez e Francisco Mariño a través de Durán Loriga, poñendo dobre sentido até a rúa Hortas. Ao fío, cambiarase o sentido da rúa Santa Catalina cara a San Andrés, e de Hortas cara a Durán Loriga. No caso do tráfico do Paseo Marítimo (Esclavas), desviarase polo polígono de Náutica cara a prolongación de Manuel Murguía, e desde esta vía desviarase cara ao Paseo de Ronda e avenida da Habana. Finalmente, manterase a circulación da conexión entre avenida da Habana, Bos Aires e Rubine, así como a de rúa Sol con rúa Hospital.

Ademais, desde as 08.00 e até as 14.00 horas producirase o corte total á circulación desde praza de Mina, Sánchez Bregua, Linares Rivas, Primo de Rivera, a avenida do Exército --até a glorieta da rolda de Outeiro-- e a Estrada do Porto --até a glorieta de Oza--. Para facilitar a posibilidade de circular por percorridos alternativos, habilitarase un carril para cada sentido de circulación desde praza de Ourense até o viaduto de Alfonso Molina pola calzada do lado do porto --no sentido entrada á cidade--. Ademais, o tráfico de entrada procedente da avenida da Pasaxe AC-12 desviarase cara á glorieta de Casablanca --con paso polo túnel dos Castros aberto unicamente aos vehículos que van ao porto--. Do mesmo xeito, o tráfico de entrada do túnel de Eirís AC-10 desviarase tamén á glorieta de Casablanca. Para realizar estes percorridos manterase aberto un un carril, en sentido saída da cidade, desde Primo de Rivera cara a Ramón y Cajal, e outro desde rúa Fontán e Padre Feijóo cara a Alfonso Molina.

10K

Unha vez que comece o Maratón Atlántica, de seguido, contra ás 08.45 horas, terá lugar a saída da proba popular 10K, o que suporá o corte total ao tráfico do Paseo Marítimo desde o Castelo de Santo Antón até a glorieta da Casa dos Peixes, entre as 08.30 e as 10.15 horas. Manterase aberta circulación entre a Avenida do Metrosidero e o túnel do Parrote pola rúa Julio Portela Ceballos e habilitaranse distintas rutas. Así, cortarase o acceso ao túnel do Parrote dende o túnel da Mariña baixo supervisión policial por gálibo, e manterase o sentido saída da cidade desde o Castelo de Santo Antón. Ademais, habilitarase un carril con circulación alternativa para acceder desde As Ánimas ao Oceanográfico. Por último, darase tamén tráfico alternativo na rúa García Canzobre (Residencia Torrente Ballester) para entrada e saída de Adormideras cara á avenida de Navarra.

Estacionamento

Durante a celebración do Maratón Atlántica Coruña42 o estacionamento quedará restrinxido no Lugar das Ánimas, García Canzobre, Juana de Vega, un treito de Durán Loriga, Santa Catalina, Modesta Goicouría, Manuel Murguía e o cruzamento da avenida do Exército con Ramón y Cajal. Nas zonas de estacionamento que se sitúen dentro do percorrido non se poderá desaparcar, agás que exista un carril habilitado debidamente sinalizado.

Transporte público

A celebración da proba deportiva causará tamén afeccións ao servizo de buses urbanos. As liñas cuxos itinerarios estean afectados pola carreira, deberán facer o percorrido habitual nestes cortes: Catro Camiños, Castiñeiras, viaduto de Alfonso Molina, praza de Ourense, avenida do Porto e túnel da María para chegar a praza das Atochas. No caso das liñas 1,1A, 2, 2A, 23 e 23A, a partir deste punto circularán pola avenida do Metrosidero, Julio Portela Ceballos e Paseo Marítimo, facendo parada na praza dás Ánimas e continuando polo túnel do Parrote cara á avenida do Porto, praza de Ourense, Alfonso Molina e Pajaritas, para regresar a Catro Camiños, desde onde cada liña se incorporará ao seu itinerario habitual, coa excepción da liña 1, que accederá aos Castros pola avenida de Oza.

As liñas a 3, 3A, 4, 5, 6, 6A, 7, 11 e 17, desde a praza das Atochas retomarán en Orillamar o seu itinerario habitual. Ao regreso de Monte Alto, desde Campo da Leña continuarán por Baltasar Pardal, praza das Atochas, Metrosidero, Julio Portela Ceballos e Paseo Marítimo, baixando cara á praza das Ánimas para acceder ao túnel do Parrote, estrada do Porto, praza de Ourense, Alfonso Molina, Pajaritas e Catro Camiños, desde onde a liña 17 continuará pola avenida de Oza cara aos Castros, para recuperar o seu itinerario habitual, mentres que as demais --3, 3A, 4, 5, 6, 6A, 7 e 11-- circularán por Castiñeiras, Federico Tapia e praza de Galicia para incorporarse en Juan Flórez ao seu percorrido.

Ademais, como consecuencia da carreira 10K --que afecta á entrada e saída de Durmideiras, así como ao tramo do Paseo Marítimo comprendido entre o instituto Ánxel Casal e a Torre de Hércules--, as liñas 3, 3A e 5 circularán desde a avenida de Navarra até a rolda de Monte Alto. O dispositivo municipal prevé que a partires das 10.00 ou as 10.15 horas queden liberados os accesos ao barrio e se poida recuperar a circulación, así como o itinerario habitual das liñas 3, 3A e 5 en Durmideiras.

Por outra banda, as liñas 21, 22 e 24, ao non poder acceder á praza de Pontevedra por praza de Ourense e Juana de Vega, desde Catro Camiños transitarán por Castiñeiras e Federico Tapia ata Francisco Mariño, para facer cabeceira en Juan Flórez, 10.

A zona comprendida entre San Andrés, Barrié da Maza, rúa Hospital e Matadoiro non disporá dos servizos de transporte urbano habituais, polo que a Concellería de Mobilidade, en función do lugar no que se atopen as persoas usuarias, recomenda dirixirse aos puntos máis próximos, como poden ser Juan Flórez, 10, avenida do Porto, Campo da Leña, rúa da Torre ou avenida de Hércules. Finalmente, as persoas que collan o bus 1, 14 e 17 na avenida do Exército deberán, durante a mañá do domingo, trasladarse á avenida de Oza para acceder a estas liñas.

Transporte interurbano

No caso dos autobuses interurbanos, na súa entrada á cidade só poderán acceder até a praza da Palloza, anulando deste xeito as paradas da praza de Ourense, Entrexardíns e Costa da Palloza 4 --mantendo a da Costa da Palloza 5, xunto ao bingo--. O percorrido de saída transitará, polo tanto, praza da Palloza, Primo de Rivera (Casa do Mar) e Ramón y Cajal.

Por último, as paradas de taxis afectadas polo percorrido serán, principalmente, a de Modesta Goicouría, que se despraza até a avenida de Rubine; e a dos Cantóns, que se suprime até as 15.00 horas. Os puntos da Casa do Mar e do Paseo da Dársena manteranse dispoñibles durante toda a xornada.

Para máis información sobre a carreira, puntos de animación abertos á veciñanza e servizos dispoñibles para participantes, pódese visitar o web www.coruna.gal/carreiraspopulares.

Botones sociales

  • Logo pie
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?