Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Mercado ecolóxico

Cartel mercado ecolóxico

O Mercado xa se converteu nunha cita obrigada para moitas persoas que atopan nel produtos ecolóxicos e de proximidade de gran calidade achegándose ao Campo da Leña o primeiro e terceiro domingo de cada mes de 11:00 a 17:00 horas.

No Mercado o 50% dos produtos á venda teñen certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica, un 25% son vendedores de produtos ecolóxicos da cidade e o 25% restante venden produtos de proximidade.

Nos postos de venda que se instalan na praza a produción de horta é a estrela, variando en función da temporalidade dos produtos, pero tamén se poden atopar produtos de herboristería, panadería, bebidas, téxtil, xoguetes, xardinería e outros, algúns dos cales rotan ao longo das distintas edicións.

Ademais de promocionar hábitos saudables e xerar un espazo para que produtores e comerciantes fagan visibles e vendan os seus produtos altérnanse outras actividades como degustacións, actuacións e talleres tanto para persoas adultas como para público infantil.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión