Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Desenvólvense talleres preventivos a adiccións a substancias e a adiccións dixitais, dirixidos a centros escolares do municipio. Os centros que queiran participar débense anotar a partir de setembro aquí
Os cursos aos que van dirixidos os talleres son 5.º e 6.º de educación primaria (EP), ESO e bacharelato (BACH).
Os talleres que se levan a cabo son os seguintes:
A MELLOR ESTRATEXIA DE XOGO, dirixido a 5.º de EP, ten como obxectivo previr o uso inadecuado de videoxogos e o establecemento de estratexias sobre o seu uso.
ISO XA NON É UNHA BROMA: prevención de acoso escolar e ciberacoso, dirixido a 6.º de EP, ten como obxectivo fomentar o respecto ás diferenzas (xénero, culturais...), a prevención de situacións de ciberacoso e acoso escolar e a mediación escolar como ferramenta.
TI, EU E OUTRAS/OS: prevención do consumo de alcol e tabaco, dirixido a 1.º de ESO, ten como obxecto fomentar habilidades e hábitos saudables para previr o inicio de consumo de alcol e tabaco.
A REDE E AS SÚAS REDES: prevención de riscos asociados ao uso de Internet, dirixido a 1.º de ESO, ten como obxecto facilitar habilidades para moverse en Internet con seguridade, informar sobre o uso que a rede fai dos datos e do uso da imaxe en Internet.
FUGA DE CEREBROS: habilidades sociais fronte ás adiccións, dirixido a 2.º de ESO, ten por obxecto fomentar as habilidades de comunicación e as competencias persoais para a toma de decisións autónomas e saudables fronte ao comezo do consumo de substancias adictivas.
VIDEOXOGOS E O SEU DOMINIO, dirixido a 2.º de ESO, ten por obxecto promover a toma de decisións saudables no uso das redes sociais e os videoxogos, cunha metodoloxía baseada no uso de actividades TRICs.
PREVENCIÓN, ABORDAXE E XESTIÓN DE CONFLITOS, dirixido a 3.º de ESO, ten por obxecto a promoción de actitudes prosociais e saudables, que proporcionen as ferramentas adecuadas para unha abordaxe e xestión saudable e positiva dos conflitos en xeral e ante as situacións relacionadas co consumo de substancias en particular.
A MÁSCARA DAS DROGAS, dirixido a 3.º de ESO, ten por obxecto promover a reflexión e unha actitude crítica que contribúa a tomas de decisións saudables respecto ao consumo de substancias e en particular do consumo de alcol e cannabis.
INFILTRADAS/OS NA REDE, dirixido a 3.º de ESO, ten por obxecto facilitar información obxectiva para a promoción da análise sobre a influencia das redes sociais no comportamento e fomentar o seu uso dunha forma adecuada e sen riscos.
O VALOR DO "NON, EU PASO!", dirixido a 4.º de ESO, ten por obxecto fortalecer as habilidades e competencias para unha actitude crítica fronte ao consumo de substancias e a xestión de posibles situacións de risco.
ENREDOS NA REDE, dirixido a 4.º de ESO, ten por obxecto favorecer as decisións saudables no uso adecuado das redes e valorar a súa influencia nos comportamentos propios e alleos.
PREVENCIÓN NO USO DE INTERNET, REDES SOCIAIS E XOGOS INTERACTIVOS, dirixido a 4.º de ESO, ten como obxecto a prevención do uso inadecuado de redes sociais e xogos interactivos, así como a súa derivación en condutas de risco asociadas (ludopatía...)
CON-TACTO CON PALABRAS: promoción da saúde mental no ámbito escolar, dirixido a 4.º de ESO e bacharelato, ten como obxecto a promoción do benestar emocional do alumnado a través das súas experiencias, pensamentos, sensacións... e a súa incorporación saudable ao seu hábitat emocional (regularización de emocións, prevención de ansiedade...) como parte da prevención de riscos asociados ao comezo de condutas adictivas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible