O Festival Manicómicos celebra as súas vodas de prata ao grande cunha programación de primerísima calidade que se estenderá a distintos espazos urbanos da cidade, pensada para facer gozar a todos os públicos.
Para todos os públicos.
Para público en xeral
Dende o 16/07/2026 ata o 19/07/2026
Espectáculos gratuítos
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
Asociación Cultural Manicómicos
Manicómicos ofrece unha extensa e coidada programación para todos os públicos, como aperitivo perfecto previo ás festas de María Pita, con espectáculos de alto nivel internacional, e cun apoio incondicional ao novo circo galego.
Servirá tamén esta nova edición para compartir co público coruñes o premio Circored ás "Boas prácticas", outorgado ao Festival Manicómicos en 2025 pola Federación de Asociacións Profesionais de Circo de España. Este recoñecemento non sería posible sen o apoio e a participación durante estes 25 anos de todos eses pequenos e maiores que foron crecendo ano tras ano co Festival.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible