Esta exposición mostra os traballos do gañador e os finalistas do Premio Internacional de Fotografía PhotoÁgora da Coruña baixo a temática "A cultura nos barrios" incluído nas I Xornadas Photoágora.
Dende o 04/09/2013 ata o 30/09/2013
Xa rematou
Entrada libre.
O gañador foi Óscar Palomares (Barcelona) coa serie "Gracia, tradición e cor", e os finalistas José Cadaveira (británico instalado na Coruña) con "Rúa Barcelona de pé" e Luis Davilla (Madrid) con "Wallstreet e arredores en Manhattan".
O xurado formado por Vari Caramés, Miguel Riopa, Gabriel Tizón e Amador Lorenzo, e despois dunha longa xornada onde tiveron que seleccionar entre máis de 1000 fotografías enviadas por fotógrafos de todo o mundo, decidiu outorgarlle o primeiro premio ao fotógrafo de Barcelona Óscar Palomares polo seu traballo “ Gracia, tradición e cor”, un traballo que en palabras do gañador reflicte a festa Maior de Gràcia a través da súa cor. O xurado decidiu outorgar este premio porque considera que é un traballo cunha mirada moi madura, cun nivel de composición e tratamento de cor ao máis alto nivel, ademais de expresar perfectamente o valor desta festa popular recoñecida internacionalmente.
Ademais do gañador, tamén premiaron dous traballos finalistas, o fotógrafo nado en Londres e instalado na Coruña José Cadaveira polo seu traballo “Rúa Barcelona de pé” e o fotógrafo madrileño Luis Sánchez Davilla polo seu traballo “Wallstreet e arredores en Manhattan”, ambos dun moi alto nivel, sendo en palabras do xurado moi complicado o desenlace final que se decidiu por pequenos matices.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible