“Un burro, o Baltasar do título, ve como cambia a súa condición unha vez que chega á idade adulta e comezan a utilizalo como besta de carga. O animal pasará por distintas mans pero o maltrato será unha constante na súa desgraciada vida.”
Para público en xeral
22/07/2021
* Entradas á venda o luns anterior a cada proxección
Xa rematou
22:30 h
Prezo: 3,00 €
Descontos carné xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €
Para acceder aos descontos é obrigatorio presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada en despacho de billetes ou no acceso ao recinto se a mercou en liña.
- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
Robert Bresson, un dos maiores cineastas que houbo, estivo a traballar quince anos sobre esta fábula dura e realista no que a primeira dona do animal e este compartirán as mesmas penas e miserias. A pesar de todo, unha película dunha beleza impresionante.
Título orixinal: "Au hasard Balthazar"
Ano: 1966
Duración: 95 min.
País: Francia
Director: Robert Bresson
Repartición: Anne Wiazemsky, Walter Green, François Lefarge e Pierre Klossowski
Cualificación: non recomendada para menores de 13 anos
Convidado: JAIONE CAMBORDA (cineasta)
Perfil biográfico: Jaione Camborda é directora da longametraxe Arima, premio á Mellor Película na sección Novos Cinemas do Festival de Cinema Europeo de Sevilla. Tamén é autora de traballos experimentais como Nimbos, Proba de axilidade e Rapa das bestas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible