A Agrupación Musical amiZades nace como consecuencia da inquietude dunha serie de persoas de relevo profesional e social da cidade da Coruña, o grupo está formado por doutores, avogados, empresarios, arquitectos, etc. e que manteñen como punto común a súa afección á música, ao labor social, cultural e humanitario.
15/08/2014
Xa rematou
22.00 h.
Praza de M.ª Pita . Praza Mª Pita s/n. 15001 A Coruña
Gratuíto.
Son evidentes uns esquemas musicais, corais e solistas sólidos capaces de sustentar un repertorio de obras de longo percorrido sentimental e de conexión cun público que sintoniza moi rapidamente co grupo.
A forma de expresar e de interpretar que sitúa a amiZades nun alto banzo musical capaz de logros de maior calado artístico. A súa capacidade de empaste, as súas versións e arranxos particulares, o seu orixinal cambio de ritmo ofrecen unha garantía de espectáculo.
Os concertos cóntanse por éxitos rotundos e tanto en Galicia como nas Illas Canarias cultivaron o beneplácito dun público que moi pronto se entrega á súa música.
Los Sabandeños, Los Gofiones, Los Panchos, Compay Segundo, Los Brincos, etc. foron testemuñas, en actuacións conxuntas, da extraordinaria calidade vocal en instrumental de amiZades capaces de manter durante dúas horas a un público entregado.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible