Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ando na Coruña: A Coruña do Castro de Elviña

Xornadas para coñecer o pasado coruñés, co Castro de Elviña como referente, e achegar as ferramentas que a Biblioteca Municipal de Estudos Locais ofrece á veciñanza da man de Matilde González Méndez, arqueóloga e doutora da Universidade de Santiago de Compostela.

A quen vai dirixido:

Persoas adultas

Cando:

Os días 24/04/2024 ás 18:00 , 22/05/2024 ás 18:00 , 19/06/2024 ás 18:00

Inscricións:

Dende o 17/04/2024 ata o 24/04/2024

Require inscrición previa

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Número de prazas:

20

Requisitos:

Inscrición previa

As persoas inscritas en cada actividade comprométense a asistir ás 3 sesións que a compoñen. O feito de non asistir a unha das sesións sen comunicalo previamente, fará que cause baixa para o resto das sesións e que a súa praza sexa ocupada pola seguinte persoa da lista de espera. 

O número de participantes variará dependendo dos requisitos e necesidades de cada actividade en concreto.

Organiza:

Biblioteca de Estudos Locais

Contacto:

Teléf.: 981 184 386

Biblioteca Estudos Locais

Presentación da actividade  (24 de abril)

Nesta primeira sesión ,  Matilde González, introduciranos no mundo da Idade de Ferro na que se enmarca o castro de Elviña . A sesión rematará co comenario dunha selección bibliográfica e debate entre os asistentes.  

Castro de Elviña (22 de maio)

Nesta segunda sesión  presentarase o Castro de Elviña. A historia da investigación, os principais achados e a súa adecuación para a visita, rematando co comenario da bibliografía e o debate entre os asistentes. 

Visita ao Castro (19 de xuño)

A derradeira sesión consistirá nunha visita guiada polo Castro, onde as guías do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña nos conducirán polos restos do mesmo. 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión