Concello da Coruña

Concello da Coruña

Animacción

Festival Internacional de Cinema de Animación da Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/12/2021 ata o 18/12/2021

Xa rematou

Horario:

Xoves e venres: 20.00 h

Sábados: 17.30 e 20.00 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

A entrada para estes pases será libre ata completar a capacidade da sala.

Requisitos:

Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada da COVID-19.

Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

En todo momento, tanto na agarda, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

· Usar máscara de forma obrigatoria

· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.

· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de agarda etc.

· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo/proxección debe facelo con entrada

- Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

  • Xoves 16/12 ás 20:00 Selección xeral a concurso.
  • Venres 17/12 ás 20:00 Pase especial homenaxe "El Bosque Animado" coa presenza de Manolo Gómez para presentala.
  • Sábado 18/12 ás 17:30 Sección Infantil a concurso.
  • Sábado 18/12 ás 20:00 Sección Xeral a Concurso

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión