“Dous mozos amigos coñecen a unha moza nunha clase de inglés. O grupo farase inseparable e planeará un roubo, aínda que unha serie de aventuras distraeranlles do seu obxectivo”
Para público en xeral
14/07/2021
* Entradas á venda o luns anterior a cada proxección
Xa rematou
22:30 h
Prezo: 3,00€
Descontos carné xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00€
Para acceder aos descontos é obrigatorio presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada en despacho de billetes ou no acceso ao recinto se a comprou en liña.
Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles con COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19. Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio. En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
Usar máscara de forma obrigatoria
Prestar atención e cumprir coa información dos avisos, carteis e das persoas responsables da seguridade.
Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
Aplicación de solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.
Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo / proxección debe facelo con entrada.
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
Icona absoluta da "nouvelle vague" e dunha certa modernidade cinematográfica, a liberdade e "joie de vivre" das súas imaxes sería imitada ata a saciedade por cineastas como Bertolucci ou Tarantino. Imprescindible.
Título orixinal: Bande à part
Ano: 1964
Duración: 95 min
País: Francia
Director: Jean-Luc Godard
Cualificación: Non recomendada menores 18 anos
Convidado: DAVID CARBALLAL (Deseñador gráfico e comisario artístico)
Perfil biográfico: David Carballal (Santiago de Compostela, 1970) é deseñador gráfico e comisario das exposicións "Cómo se imprime un libro: grafistas e impresores en Buenos Aires 1936-1950", e "Moscoso Cosmos: o universo visual de Víctor Moscoso"
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible